Investigan o roubo a unha coñecida tenda ribeiresa

    roubololitamoda.jpgRIBEIRA> Os ladróns, que accederon ó interior do local a través dun butrón, leváronse gran cantidade de prendas, a maioría delas das mellores marcas do mercado.

    {flowplayer}barbanza/roubololitamoda.flv{/flowplayer}

    A cara dos propietarios e traballadores de Lolitamoda reflectía esta mañá o enfado e a impotencia ante a situación que lles tocou vivir. Na madrugada do domingo ó luns uns descoñecidos entraron no local e desvalixaron a tenda case por completo.

    Banda de profesionais

    Os ladróns actuaron a conciencia, sabendo ben o que andaban. Dase a circunstancia de que a tenda en cuestión, especializada en moda multimarca tanto para homes como para mulleres e nenos, é unha das máis coñecidas de Ribeira e atópase ubicada en pleno casco urbano, a escasos metros do concello, onde ata hai poucas semanas se asentaba a sede da Policía Local.

    Apertura normal

    Durante a xornada de onte estiveron realizando o reconto cos peritos da aseguradora e coa policía xudicial, para tratar de valorar a canto ascendía o botín substraído polos ladróns. Tamén preparando a tenda para poder abrila de novo ó público ó tratarse dunha boa época de vendas.

    Redacción Barbanza