BOIRO> A axuda, da Deputación da Coruña duns 38 mil euros, será investida na instalación de novos sistemas de iluminación na casa consistorial e no tramo norte da rúa Principal. A Deputación da Coruña, a través do seu Plan de Medio Ambiente investirá uns 38 mil euros en medidas de aforro enerxético no concello de Boiro. En concreto, a axuda será destinada a dous proxectos para a substitución dos sistemas de iluminación da casa consistorial e do tramo norte da rúa Principal. Os traballos na casa consistorial, na que se atopan tanto as dependencias do Concello coma o Mercado Municipal e un aparcadoiro de uso público, inclúen a instalación de 850 novas lámpadas de tecnoloxía LED que permitirán racionalizar o uso da enerxía, co consecuente aforro nas contas municipais. O outro proxecto de características similares será destinado a renovar o sistema de alumeado público do tramo norte da rúa Principal. Nesta caso, o número de novas luminarias instaladas ascenderá a 45, tamén de tecnoloxía LED de alta eficiencia e con proteccións especiais contra curtocircuítos, sobretensións e quecemento excesivo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia