O concello da Pobra estuda a revisión do contrato con Urbaser ante o incumprimento de condicións

    POBRA> O executivo pobrense estuda a revisión do contrato con Urbaser, empresa encargada do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria. Dende o Concello apuntan a unha serie de incumprimentos do contrato por parte da firma que son prexudiciais para os intereses municipais. O contrato coa empresa Urbaser foi adxudicado en pleno no ano 2009. Daquela o anterior executivo decidiu outorgarlle o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria a esta firma polas importantes melloras introducidas con respecto ás outras empresas presentadas ó concurso. Oito anos máis tarde, e despois de detectarse unha serie de incumprimentos por parte de Urbaser nesta anos levaron ó equipo de goberno ó estudo das condicións dese contrato. A análise da documentación permitiu ademais descubrir un documento privado posterior á adxudicación asinado tamén polo anterior goberno local coa firma, no que se recollen outras condicións menos ventaxosas para o Concello ó contrato inicial e que consideran non tería validez. De aí que agora estuden a súa revisión. De non cumprirse os seus requerimentos, non descartarían a anulación da actual concesión coa f irma e volver a sacar a licitación un novo concurso.