RIBEIRA> O PP de Ribeira vén de criticar o resultado das obras acometidas no mercado municipal. Tralo pintado interior do recinto, o chan quedou esvaradío motivando as queixas de traballadores e usuarios.
Os populares ribeirenses critican a falla de control e seguimento das obras realizadas por parte do executivo municipal. Refírense concretamente ó pintado do mercado municipal que tivo como consecuencia unha superficie moi esvaradía.
Din, dende o PP, que a pesar das reiteradas queixas dos praceiros o concello non fixo nada ata que a pasada semana unha traballadora sufría un accidente.
Ante esta situación, os populares piden solucións inmediatas para garantir a seguridade das instalacións sen poñer en risco a traballadores e usuarios.











