Falece atropelada por un camión de recollida do lixo

    atropelomulleribeira100.jpgRIBEIRA> Unha octoxenaria faleceu este mércores tras ser atropelada por un camión do lixo no casco urbano de Ribeira, na rúa Marcial de Adalid.

    {flowplayer}barbanza/atropelomulleribeira.flv{/flowplayer}

    O atropelo aconteceu contra as nove da noite nunha das rúas máis céntricas de Ribeira, a Marcial de Adalid. Herminia Romero Santos, de 84 anos, cruzaba a vía cara a súa vivenda cando un camión de recollida de cartón se cruzaba no seu camiño.

    Escasa visibilidade

    O parecer, os problemas de mobilidade da muller, que camiñaba apoiada nun bastón, impedíronlle reaccionar con rapidez perante a presenza do vehículo. Ademais no lugar onde tivo lugar o sinistro existe pouca visibilidade por mor dun cambio de rasante bastante pronunciado.

    Ata o lugar do atropelo desprazáronse efectivos de Protección Civil e policía local de Ribeira así como unha ambulancia medicalizada. Os facultativos médicos tan só puideron determinar o falecemento da muller dado que as feridas que sufriu pola atropelo causáronlle a morte de forma inmediata.

    Redacción Barbanza