O concello presenta un contencioso contra a aprobación do POL

    pol_illacopy.jpgILLA> Segundo o alcalde, Manuel Vázquez, o documento só atenta contra os dereitos dos veciños e invade as competencias do concello.

    {flowplayer}images/salnes/ILLA_POL.flv{/flowplayer}

    O alcalde de A Illa de Arousa, Manuel Vázquez, fixo público esta mañá que o pasado 19 de abril presentaron un contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza contra o decreto da Xunta polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral.

    Fai máis dun ano dábase o visto bo a dito documento e, desde entón, o concello comezou as negociacións para que o plan fora modificado, contactos que non deron os seus froitos.

    Mesmo confesou que moitos veciños afectados que presentaran alegacións particulares aínda non recibiron resposta. Con todo, agora, dous meses despois da aprobación definitiva, a vía do contencioso era a única alternativa.

    E é que este documento reduce o chan urbano de 108 hectáreas que recoñecía o Plan Xeral, a 32. Feito que, segundo Vázquez, dificulta a ordenación urbanística. 

    Polo momento, haberá que agardar a resolución do Tribunal Superior de Xustiza. Mentres tanto, o POL seguirá en vigor.

    Redacción Salnés