O BNG de Outes reclama melloras no transporte público no municipio

OUTES> A voceira nacionalista María Xose Suárez cargou contra a Xunta por un novo recorte no municipio. Neste caso denuncia a situación que viven os veciños de parroquias como Tarás, Entíns ou Queiradas que viron recortado o servizo de transporte público coa entrada en vigor das novas liñas escolares no mes de xaneiro.

Segundo ela a situación agrávase aínda máis en Cuns, que a día de hoxe non conta xa con ningunha liña de transporte.

Tamén volven a poñer o acento na situación que teñen que padecer varias familias do municipio cuxos rapaces non dispoñen de servizo de transporte para acudir ó instituto a Noia.

Os nacionalistas anunciaron que levarán este asunto ó Parlamento Galego a través do seu grupo parlamentario para tratar de que se dea unha solución o máis axiña posible.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí