O ‘Banco do Piñeiro’ finalista na XII Bienal Iberoamericana de Arquitectura

RIBEIRA> O ‘Banco do Piñeiro’, a obra realizada polo arquitecto Carlos Seoane, no miradoiro de Pedra da Ra, vén de ser seleccionada entre os proxectos que optan ós premios da Doce Bienal Iberoamericana de Arquitectura e Urbanismo, que se desenvolverá a finais de setembro en Cidade de México.

Figura na categoría ‘Obras’, con outras 834 propostas chegadas dende diferentes países como poden ser Colombia, Arxentina ou Brasil, entre outros.

A actuación consistiu na creación dun camiño accesible, acompañado dunha varanda para axudar a que as persoas con algunha discapacidade puideran disfrutar do privilexiado entorno, con vistas ó parque natural de Corrubedo.

Esta obra xa resultou gañador na XV Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo, ademais de ser seleccionada tamén como finalista nos 63º Premios FAD de Arquitectura e Urbanismo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí