![]()
VILANOVA> O Concello de Vilanova congratúlase dos bos resultados ofrecidos nas últimas análises feitas ás augas do Esteiro.
{flowplayer}images/salnes/saneamento_esteiro.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O Concello de Vilanova congratúlase dos bos resultados ofrecidos nas últimas análises feitas ás augas do Esteiro.
O Intecmar indica que a penas existe contaminación polo que o marisco que se pode extraer neste banco é apto para o consumo sen necesidade de pasar por un cocedoiro. Arestora está catalogada como zona C, pero con estas últimas analíticas, podería pasar a zona A no entorno do Airiño, mentres que no interior da enseada quedaría como zona B.
Segundo o alcalde Gonzalo Durán, detrás desta mellora están as actuacións feitas no río Currás. Augas de Galicia executou un novo bombeo e reparou un colector, unhas obras que custaron 200 mil euros. Outra actuación feita neste entorno é a reparación definitiva da varanda da pontella de Currás. Melloras que permiten agora ós veciños gozar desta paraxe natural.
Segundo indicou o alcalde a seguinte fase será a reparación dos muíños de Currás e nun futuro, facer unha senda que os una cos muíños de Tarrío.
Redacción Salnés







