Cores Tourís acusa a Medio Rural de ter abandonada a Ruta do Viño

    rutavino100_010408.jpgCAMBADOS > O alcalde, José Manuel Cores Tourís, advirte do perigo inminente de perder a Ruta do Viño Rías Baixas, incluída no proxecto …

    … das Rutas do Viño de España. Cores Tourís culpa disto a Medio Rural. Esta consellería está a traballar actualmente nun proxecto para por en marcha unha iniciativa similar para as denominacións de Galicia. O alcalde de Cambados di non ter nada en contra desta idea pero pide que Rías Baixas manteña a marca de calidade española.

    Sobre o asunto xa se pronunciou Medio Rural. A consellería afirma que o seu proxecto non vai deixar de lado a ruta do viño de Rías Baixas, na que xa participan medio cento de empresarios do Salnés. A intención é elaborar unha normativa que ampare tódalas iniciativas deste tipo que se constitúan en Galicia, que logo funcionarían de forma independente.

    O alcalde cambadés pide que se reactive a ruta Rías Baixas e propón que se cambie o xestor do proxecto, agora en mans da Fundación Comarcal, para pasar a mans do Padroado de Turismo Rías Baixas, da Deputación de Pontevedra. Desde a Xunta recoñecen que o proxecto está en pausa e afirman que en breve será revitalizada.

    Redacción Salnés