![]()
BOIRO> Notable incremento dos furtivos que operan, por mar e por terra, en diferentes concesións da Confraría de Pescadores de Cabo de Cruz.
{flowplayer}barbanza/decomisosmariscoboiro.flv{/flowplayer}
Esta non é a primeira vez que dende o pósito crucense denuncian estas prácticas a todas luces ilegais. Nos últimos días o número de furtivos nos areais boireses aumentou considerablemente. Segundo o propio patrón na maioría dos casos trátase de vellos coñecidos, algúns a título individual e outros distribuídos en grupos ben organizados que se fan con grandes cantidades de marisco.
Controis na distribución do marisco ilegal
A actual crise económica, xunto coa falla de vixilancia nas praias, pode ser unha das principais causas do incremento deste tipo de prácticas. Aínda así, o patrón maior boirés, Carmelo Vidal, considera prioritario que a Administración realice un control aínda máis exhaustivo das canles de distribución do marisco roubado.
Aparellos incautados
Ademais da retirada do marisco, que posteriormente é devolto ó mar, ós furtivos intervénselle tamén o material que empregan para realizar as extraccións. Rastros, rastrillos e traxes de neopreno. Toda unha serie de aparellos que son almacenados nos locais da propia confraría para a súa posterior destrución.
Redacción Barbanza










