1000 rapaces participan na XVIII edición da Carreira Popular do Salnés

    carreira_popularcopy.jpgSANXENXO> O colexio Abrente foi o escenario no que se celebrou a competición. A alcaldesa e o edil de deportes presidiron a entrega dos trofeos.

    {flowplayer}images/salnes/CARREIRA_ESCOLAR_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    Preto de mil rapaces participaron esta mañá na Carreira Popular do Salnés organizada polo colexio Abrente, no concello de Sanxenxo.

    Entre nervios e gañas por escoitalo pistoletazo de saída por parte dos participantes e con ánimos pola banda dos seus compañeiros, foron celebráronse as carreiras das diferentes categorías.

    Despois de máis dunha hora de competición a alcaldesa, Catalina González, xunto ó edil de Deportes, presidiron a entrega de premios.

    Nesta edición participaron estudantes procedentes de centros escolares coma do CEIP de Portonovo, A Illa, Barrantes, Cambados, Dena ou Vilagarcía. González puxo de revelo, ademais, a labor realizada polo colexio que leva organizando o encontro desde fai dezaoito anos.

    O encontro rematou cunha actuación a cargo dun grupo de alumnos do colexio Abrente na que interpretaron os seus propios mallos.

    Redacción Salnés