Decenas de personas entrevístáronse direcatemente coas empresas na feira de emprego de Vilagarcía

VILAGARCIA> Éxito na celebración da feira de emprego de Vilagarcía. O evento organizado pola Cámara de Comercio de Vilagarcía, Vigo e Pontevedra estaba destinada á xente moza pero abriuse a todos os públicos grazas á colaboración do concello. Polo auditorio de Vilagarcía pasaron numerosas persoas de diferentes perfís profesionais e se realizaron decenas de entrevistas.

A Cámara de Comercio de Vilagarcía, Vigo e Pontevedra organizou este mércores en Vilagarcía a súa primeira feira de emprego presencial. Un evento que foi un éxito e dende as 9 da mañá que se abriron as portas numerosas persoas se achegaron a presentar os seus currículums.

A feira é unha oportunidade para demandantes de emprego e para as propias empresas. As persoas interesadas contactaron directamente coas empresas.

Para as empresas é unha oportunidade de atopar a traballadores con diferente formación para os postos que teñan vacantes ou para cubrir posibles baixas no futuro.

Polo auditorio de Vilagarcía pasaron numerosas persoas de diferentes perfís profesionais.

Os entrevistados destacan a posibilidade de poder contactar directamente coas empresas.

A celebración foi un éxito e números de asistentes superou as expectativas. Tanto as empresas como os traballadores quedaron contentos do trato recibido pola outra parte. Agora só queda que as empresas seleccionen aos candidatos que necesiten aumentando así a contratación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí