Os veciños da Escardía protestan contra o emparedamento do AVE

    VILAGARCIA> Tras anos de ruídos, lixo, tráfico e as conseguintes molestias que supoñen unhas obras de envergadura como a adaptación da estación de ferrocarril …

    {flowplayer}images/salnes/protesta_vecinos_muro_escardia.flv{/flowplayer}

    …á Alta Velocidade; agora os veciños da Escardia en Vilagarcía, volven á saír á rúa para protestar polas novas actuacións: a construcción dun alto muro de formigón que empareda de norte a sur a estrada de acceso ás súas vivendas; un vieiro que presumiblemente quedará reducido a menos de catro metros de ancho, o que dificultará enormemente a circulación rodada.

    Nas últimas horas reuníronse cos representantes de tódolos grupos da corporación municipal vilagarciá, e posteriormente co alcalde. Todos eles se amosaron dispostos a xuntar esforzos na súa defensa diante destas obras do Ministerio de Fomento. Respecto a este problema veciñal, os grupos da oposición criticaron a non comparecencia do alcalde na primeira reunión; e tamén que nesta xuntanza entre veciños e edís estivera presente un equipo da policía local.

    Redacción Salnés