Multitudinaria procesión na Romaría das Cabezas da Armenteira

    Último día das celebracións da Semana Santa e aínda festivo nalgúns concellos das Rías Baixas, como é o caso de Meis. Esta mañá nos arredores do Mosteiro da Armenteira, milleiros de fieis e visitantes quixeron unirse á celebración da súa tradicional Romaría das Cabezas. Unha festividade na que a relixión e a troula comparten cartel. Dín que quita os males de cabeza…e por iso, por se acaso, hai que vir cada luns de Pascua a esta Romaría da Armenteira, en Meis. A tradicional xornada comeza a primeira hora da mañá, cando veciños e foráneos empreden a camiñata para chegar ata o Mosteiro da de Santa María da Armenteira, na ladeira do Monte Castrove. Unha peregrinación na que participan veciños de tódalas idades, representantes políticos, devotos ou calquera visitante con ganas de coñecer unha das romarías máis multitudinarias do Salnés. Seguindo a Ruta da Pedra e da Auga, chegamos ó destino, convertido nun fervedoiro de xente onde atopamos romeiros chegados de todas partes do mundo. E é que motivos para vir á Romaría das Cabeza, hai dabondo. Trala misa solemne, chega o momento máis emotivo, a procesión na honra á Virxe. Ogallá cumpra as peticións de cada fiel a Nosa Señora. Pero fieis tamén os hai cada ano, ós postos de polbo e churrasco que rodean sempre o mosteiro. Xa escoitaron, unha cousa é velo pola televisión, e outra vivilo en persoa. Téñano en conta para o próximo luns de pascua…Romaría das Cabezas, na Armenteira. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/romaria_cabezas_armenteira_17042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/17/romaria_cabezas_armenteira_17042017.mp4{/flowplayer}