Palmeira terá un novo espazo de lecer para os veciños

    derrubeantigomercadopalmeira_100.jpgRIBEIRA> O derrubo da antiga praza de abastos de Palmeira permitirá que a contorna da igrexa recupere o seu aspecto orixinal.

    A empresa Serinfra iniciou a demolición do antigo mercado de Palmeira para revitalizar este espazo integrado no proxecto de recuperación das rúas da Cambra e Subidas ó Adro.

    {flowplayer}barbanza/derrubeantigomercadopalmeira.flv{/flowplayer}

    A actuación, presupostada en máis de 235 mil euros, contenta á maior parte dos veciños que gañarán un novo espazo público para o lecer ó tempo que se recupera a antiga fonte como elemento patrimonial da parroquia. Menos satisfacción entre as praceiras que, malia que recoñecen que as instalacións do novo mercado son mellores, o cambio de ubicación supuxo unha perda de clientes.

    Aínda así, consideran que o derrube do antigo inmoble e a adecuación dos novos espazos pavimentados con lastros de pedra e con novo mobiliario urbano contribuirá a facer de Palmeira un pobo máis fermoso, tanto para os seus veciños como para os que veñen de fóra.

    Redacción Barbanza