O concello de Ribeira agarda un cambio de normativa para dar luz verde á ampliación de Xarás

RIBEIRA> A ampliación do polígono de Ribeira permanece paralizada por mor da normativa de incendios. Na superficie contemplada para a ampliación hai unha zona que se queimou en 2018. E a lei autonómica establece un mínimo de trinta anos para a recalificación de terreos afectados polo lume. O alcalde de Ribeira xa mantivo reunións coas conselleira de Medio Rural e de Medio Ambiente para solicitarlles unha excepción que permita a recalificación dos terreos posto que se trata dun proxecto de interese xeral. O obxectivo da normativa é evitar a especulación sobre terreos queimados; algo non aplicabe a un proxecto como un parque empresarial promovido por unha institución pública. Por esta razón, dende o concello agardan que a Xunta acepte a súa proposta de modificación da normativa polo procedemento de lei de lectura única, que implicaría que podería estar aprobado nun mes. De non ser así, implicaría un importante retraso no proxecto de ampliación do polígono ó tempo que unha serie dificultade para buscar terreos alternativos porque a zona de Xarás resultou especialmente afectada polos incendios nos útlimos anos.