‘Nin a Xunta nin o PP poden estar a falar de Vilagarcía’

    ANALORENZO copia.jpg VILAGARCÍA> A edil de servizos sociais e xuventude comparece para aclarar tódalas informacións que se están a publicar sobre a súa concellería.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_ANA_LORENZO_XUVENTUDE_PP.flv{/flowplayer}

    A consellería de traballo e Benestar informaba onte de que o concello de Vilagarcía só gastara 17 mil euros no financiamento do servizo de axuda no fogar. A edil de servizos sociais, Ana Lorenzo, ofrece datos. Segundo a concelleira, o gasto real do concello no 2010 foi de máis de 390 mil euros, dos que a Xunta achegou 199 mil euros.

    Lorenzo insiste en que este desfase se debe a que a Xunta, cando calcula o orzamento para financiar o servizo, non está a ter en conta o custe da hora de traballo contemplado no convenio colectivo que regula este servizo, nin os posibles usuarios que poidan demandar esta axuda durante o exercicio para o que se fixa o orzamento.

    Lorenzo aproveita para indicar que a xestión destes recursos na área de Dependencia é competencia do goberno autonómico. E reclama que en xaneiro a consellería debería ter informado ó concello sobre o orzamento co que contarán para este servizo, e non é posible porque desde a Xunta, din, non resolven as solicitudes das 90 persoas de Vilagarcía que demandaron o servizo.

    Explicacións ó PP

    {flowplayer}images/salnes/INTRO_TOTAL_XUVENTUDE_PP.flv{/flowplayer}

    O outro obxectivo das críticas foi o Partido Popular de Vilagarcía. Onte un dos membros da candidatura popular xunto ó alcaldable Tomás Fole, acusaban á concellería de xuventude de fracasar na atención á mocidade aludindo ós resultados dunha enquisa realizada por Novas Xeracións. Lorenzo asegura que neste tempo, realizáronse máis de 17 mil atencións ós mozos desde o departamento que encabeza, e as actividades organizadas contaron cunha alta demanda.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.