CAMBADOS> Os viños escumosos serán os protagonistas esta fin de semana en Cambados. A vila acollerá a décima edición de Essspop, unhas xornadas nas que este ano participarán 13 adegas. Ademais da degustación de escumosos, o evento inclúe tamén tapas elaboradas por Yayo Daporta e animación musical. Todo entre este venres e o domingo no parque de Torrado.
As xornadas de viños escumosos Essspop acadan xa o seu décimo aniversario. O evento vaise celebrar entre este venres e o domingo no parque de Torrado. A cita busca ser un reclamo para dinamiza-lo sector vitivinícola fóra da tempada alta.
O Essspop continúa expandíndose. Este ano contará con 13 adegas participantes, unha máis que na pasada edición. A maioría son de Cambados ou de concellos próximos.
Ademais da oferta variada de escumosos, o Essspop suma outros ingredientes para face-la proposta aínda máis atractiva. A máis saborosa vén da man de Yayo Daporta, chef responsable da elaboración das tapas que tamén se ofrecerán nas xornadas.
As tres xornadas do Essspop virán acompañadas tamén de animación musical, con diferentes propostas ao longo dos tres días, comezando polo acto inaugural do venres.
A proposta complétese o domingo cunha sesión de vinilos a cargo do DJ Diego de la Church.











