‘Os praceiros basean o seu éxito na confianza, calidade e excelencia’

    feijoo_vilagarciacopy.jpgVILAGARCÍA> O Presidente da Xunta facía estas declaracións durante a entrega dos premios ós 97 mellores praceiros de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIOS_PRAZA_FEIJOO.flv{/flowplayer}

    A última campaña de dinamización das prazas de abastos galegas, promovida pola Dirección Xeral de Comercio, Este inverno presume de praceiro, culminou este mañá coa entrega das distincións ós 97 mellores praceiros e praceiras de Galicia elixidos por case millón e medio de usuarios destes mercados. Pero este foi, ademais, un acto de recoñecemento á labor que realizan: calidade e profesionalidade foron os adxectivos que máis se escoitaron.

    Palabras ás que se uniu o Conselleiro de Economía e Industria quen destacou que detrás do seu éxito está o traballo que realizan cada día. Por iso, Guerra aproveitou a ocasión para reiteralo compromiso da Xunta coas prazas de abastos galegas.

    O mellor praceiro de Vilagarcía, Portonovo, O Grove, Ribadumia ou Cambados foron algúns dos que se puideron ver neste acto. O Presidente da Xunta de Galicia foi o encargado de clausuralo. Núñez Feijoo recoñeceu tamén o seu traballo. Un traballo baseado, dixo, na confianza, na calidade e na proximidade.

    Antes deste acto, o Presidente da Xunta comezou a súa visita a Vilagarcía supervisando as obras de remodelación da Praza de Abastos inauguradas fai escasos dous meses.

    Redacción Salnés