Bateeiros e Xunta continúan sen acordo

    fotomexilloncopia.jpgVILAGARCÍA> A reunión entre os representantes do sector bateeiro e a Conselleira de Facenda para falar do imposto das concesións acabou sen acordo entre as partes.

    {flowplayer}images/salnes/MexillonGaliciaFacenda.flv{/flowplayer}

    Esta mañá os representantes do 90 por cento do sector do mexillón expresaron a súa postura ante esta situación. Din que o imposto de 3180 euros para renovar as súas concesións é inasumible, un imposto que supón, segundo eles, unha suba do 2500 por cento.

    Na reunión de onte coa Conselleira de Facenda o obxectivo era achegar posturas, aínda apenas se conseguiron avaces. Marta Fernández Currás comprometeuse a estudiar a situación e dende o sector do mexillón agardan unha resposta cara comezos da semana que ven para ver que medidas tomar.

    Os mexilloeiros están dispostos a ceder para chegar a un acordo pero non a aceptar o que para eles, non se corresponde coa realidade.

    Nesta reunión introduciuse ademais un novidade con respecto ás anteriores renovacións das concesións; o imposto que se estableza permitirá renovar as concesións por un período de 10 anos, momento no que será revisado de novo.

    Redacción Salnés