![]()
SANXENXO> O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo ven de recibir dúas novas subvencións da Deputación de Pontevedra…
{flowplayer}images/salnes/convenio_turismo.flv{/flowplayer}
…para desestacionalizar o turismo na vila e para impulsar a segunda fase do Plan “Sanxenxo, Congresos, incentivos e reunións”. O primeiro dos proxectos suporá a posta en marcha de medidas como un foro sobre o turismo, dunha campaña en revistas especializadas, internet e valados publicitarios en varias cidades españolas e portugueses co fin de seguir afondando e consolidando a marca de turismo de Sanxenxo como un producto de calidade e con garantías. O segundo dos proxectos, facilitará a creación dunha oficina de Congresos dentro das instalacións da CETS desde onde se controle todo o proceso de captación e organización deste tipo de eventos tan apetecible para os locais hostaleiros de primeira liña.
Estes dous proxectos xurdiron da cadanseu estudio de viabilidade e rendibilidade previa, e onte era o momento no que recibían un importe total de 90.000 euros do ente provincial para ser quen de convertelos nunha realidade; ademais dos folgos para que Sanxenxo siga a traballar nesta liña no futuro.
Redacción Salnés







