Todo un éxito en Meis coa celebración da Festa dos Callos

    MEIS> Abarrote total na Festa dos Callos de Meis. Este domingo a celebración gastronómica cumpría 28 anos por todo o alto superando con creces todas as previsións, chegando incluso a esgotárense os protagonistas da velada; os callos. Ambiente festivo o que se respiraba este domingo en Meis. A súa tradicional Festa dos Callos que bateu todos os récords. Este domingo a celebración cumpría 28 anos deixando de lado os prexuízos de que é un prato de inverno. A temperatura tamén dou un respiro nun día no que non se rexistraron temperaturas demasiado altas. Os prezos asequibles; a ración de callos a 6 euros, un prezo que se mantén dende hai varios anos, e a festa posterior a comida, converteron a Meis no centro de O Salnés por unhas horas. A degustación de este prato inclúe unha cazuela e unha cunca de barro. As reservas de comensais tiveron unha gran acollida nesta edición, cunha reserva mínima de 14 persoas a 120 euros. Pero non só estamos a falarlles de comida, tamén houbo música. Mosteiro acolleu a celebración dun festival folclórico con O Trevo, Xeada e Recordos da Nosa Terra, e tamén acolleu un concerto de bandas de música coa participación das agrupacións de Meis, A Vertula de Paradela e a Unión de Lantaño. Sen dúbida un domingo diferente en Meis, que se engloba dentro da programación das Festas de San Benito, que rematan este luns.