Catoira podería producir algunhas das 500 embarcacións para Sucre

    CATOIRA > Trala visita a Extrugasa, o gobernador de Sucre visitou pola tarde as instalación da empresa catoirense Astilleros del UIla. A intención de Ramón Martínez era a de comprobar o estado das instalacións e a capacidade de producción de barcos da empresa. Acompañado tamén nesta visita polo presidente de Extrugasa, Martínez manifestou a súa intención de facer un pedido de 500 embarcacións pesqueiras nun ano.

    venezuelacatoira_300_130606.jpgO gobernador deixou a súa intención clara na visita que realizou a Astilleros del Ulla en Catoira: precisa para o estado que goberna un mínimo de 500 embarcacións no período dun ano. Na reunión que mantivo cos responsables dos estaleiros e na que estivo presente tamén o alcalde de Catoira así llo manifestou.

    O feito de que Galicia constitúa un referente mundial en acuicultura motivou que a visita do gobernador e maila súa comitiva. Os beneficios económicos que producen os excedentes de petróleo en Venezuela pretenden invertelos na renovación do sector primario e fonte da economía do estado de Sucre: a pesca artesanal.

    Tras comprobar a capacidade de producción do estaleiro (estimada nunhas 30 embarcacións) o gobernador propuxo contactar con outros estaleiros galegos para satisfacer a súa demanda. O pacto, de levarse a cabo, sería recollido no memorándum de entendemento que asinará o venres coa Xunta de Galicia.

    Redacción Salnés