O Ministro de Xustiza apoia a candidatura de Pose

    VILAGARCIA> O candidato á Alcaldía de Vilagarcía polo PSOE Modesto Pose Mesura ofreceu este sábado o seu mitín central na Praza da Peixería…

    {flowplayer}images/salnes/mitin_psoe_vila.flv{/flowplayer} .

    .. onde contou co respaldo do Presidente do PSdeG, Pachi Vázquez, e do Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño. Con eles coincidiu en que a economía, o emprego e as políticas sociais serán prioritarias no caso de acadar ó goberno municipal; un executivo que foi tradicionalmente socialista é que deu á Vilagarcía ó orgullo do que hoxe pode presumir.

    Modesto Pose falou dun futuro prometedor para Vilagarcía na que a chegada do AVE deberá supoñer un importante impulso para a súa economía turística, que precisa amais da creación dunha estación intermodal e dunha infraestructura hoteleira máis ampla. O alcaldable socialista avogou tamén pola ampliación do polígono do pousadoiro e pola mellor administración dos recursos cada vez máis escasos. Algo no que son expertos os alcaldes socialistas, tal e como asegurou o líder do PSOE en Galicia. Un exemplo que debería seguir o mesmo Presidente da Xunta.

    Nesta praza chea ata a bandeira a familia socialista arroupou o seu candidato, que se proclamou como continuador das políticas dos anteriores alcaldes socialistas como Javier Gago e Dolores García.

    Redacción Salnés