20 persoas participan non novo curso de empredemento de Vilanova

VILANOVA> Comeza en Vilanova un curso para axudar ai emprendemento laboral. Na formación participan 20 persoas que non só aprenderán a poñer en funcionamento as súas ideas, se non tamén a reinventarse e corrixir posibles erros co paso do tempo.

O concello de Vilanova continua apostando pola formación e o emprendemento e ten no centro local de Desenvolvemento Local no pazo de Vista Real o lugar adecuado para levalos a cabo. O concello en colaboración coa xunta comezou este martes un curso sobre emprendemento laboral.

Nel participan 20 perdoas que coñecerán os pasos a seguir para converter nunha realidade empresarial as súas ideas.

Para o concello é unha oportunidade de poder axudar aos emprendedores, pero non so para crear os seus negocios, se non tamén para darlle continuidade no tempo.

O curso ten unha duración de 20 horas entre clases presenciais e online. Concello e xunta xa traballan na posta en marcha de novos cursos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí