![]()
VILAGARCÍA> O programa é resultado dun convenio entre a entidade e o concello. Este ano, a oferta é máis reducida pero de maior calidade.
{flowplayer}images/salnes/PROGRAMACION_CULTURAL_CAIXANOVA.flv{/flowplayer}
É o sexto ano que o goberno local e a Fundación Caixanova manteñen este compromiso, para completar a programación do auditorio. O alcalde en funcións, Xosé Castro Ratón, resaltou a importancia desta oferta cultural, máis reducida que noutras ocasións.
A encargada de abrir a tempada, será a obra de teatro Trampa Mortal, de Ira Levin o próximo 26 de setembro. O 27 de outubro, será o turno das óperas Cavallería Rusticana, de Mascangi, e La Vida Breve, de Manuel de Falla. A danza chegará co Ballet da Ópera Nacional de Kiev, o 19 de novembro.
Segundo Guillermo Brea, no pasado semestre foron 15 mil persoas as que accederon á programación. Entre os días 6 e 16 de setembro, poranse á venda os abonos para as tres funcións. Será a partires do día 20 cando estarán dispoñibles as entradas individuais para cada espectáculo. Os interesados, poderán adquirir os seus pases na web www.servinova.com ou no 902 504 500.
Redacción Salnés









