Aparece morto o ex mozo da muller asasinada en Noia

suicidiohervella100.jpgPADRÓN> O cadáver de Miguel Hervella foi localizado este martes no interior do seu vehículo nas inmediacións da aldea do Areal, en Padrón.

{flowplayer}barbanza/suicidiomiguelhervella.flv{/flowplayer}

O achado do corpo de Miguel Hervella producíase a primeira hora da mañá deste martes nas inmediacións do Areal, na parroquia de Bascuas, unha zona próxima ó polígono da Picaraña entre Padrón e Santiago e á vivenda familiar do falecido situada na parroquia de Calo.

Un veciño topouse co coche do falecido, un Alfa Romeo gris. Ó observar unha goma que saía do tubo de escape ata a fiestra dou aviso á Garda Civil que se desprazou inmediatamente ata a zona.

Probable suicidio

Durante toda a mañá a zona permaneceu acordoada para facilitar o traballo do equipo de investigación. Á espera de que conclúan as pescudas e se realice a autopsia todo apunta ó suicidio como probable causa da morte que se tería producido por inhalación de gases.

Aparentemente, a morte non se produciu a noite pasada senón que, segundo fontes da investigación, podería levar falecido varios días. A este respecto algúns veciños apuntaban que o coche xa estaba no lugar o domingo e mesmo podería levar máis tempo sen que ninguén o vise xa que se trata dun camiño sen saída polo que apenas transita xente.

Violencia de xénero

As forzas de seguridade iniciaran a busca de Miguel Hervella o pasado venres cando a súa ex moza apareceu morta con varias coiteladas no seu domicilio de Noia. Dende entón, Hervella converteuse no principal sospeitoso.

A pesar da intensa busca, nada se soubo do seu paradoiro ata este martes co dramático achado. Á espera de que conclúa a investigación, todo parece indicar que se trata dun caso de violencia de xénero co que Gloria García convertiríase na primeira vítima da violencia de xénero en Galicia no que vai de ano.

Redacción Barbanza