O PPdeG demanda a creación dunha estación da ITV en Noia

itv_100_220508.jpgNOIA > O PPdeG solicitará a creación dunha nova estación da ITV en Noia ante o notable incremento do parque de automóbiles da comarca.

{flowplayer}barbanza/itv.flv{/flowplayer}

O voceiro parlamentario do PP, Manuel Ruíz, informou da presentación dunha proposición non de lei por parte do seu grupo instando á Xunta a revisar o actual mapa galego das estacións de Inspección Técnica de Vehículos.

Os populares son partidarios da apertura dun novo centro en Noia que preste servizo de xeito permanente ós cidadáns desta comarca. Na actualidade, as unidades portátiles da ITV desprázanse periodicamente ás vilas de Muros e Noia. Aínda que segundo os populares este servizo é insuficiente polo que boa parte dos cidadáns vense obrigados a desprazarse ata as estacións de Ribeira ou Santiago para efectuar as revisións.

Actualización do mapa

A necesidade desta nova estación vén motivada polo crecemento do parque de automóbiles na comarca de Muros-Noia así como a dinamización desta zona. Ademais, Manuel Ruíz lembra que o mapa de ITV foi elaborado hai preto de vinte anos polo que xa se fai precisa unha redistirbución das instalacións que existen na actualidade en toda a provincia: dúas na Coruña, dúas en Santiago, unha en Ferrol e outra en Ribeira.

Manuel Ruíz propón dúas alternativas para a xestión da nova estación. Ben directamente por parte a Consellería de Innovación e Industria ou a través da ampliación da concesión da empresa que actualmente presta o servizo na maior parte de Galicia.

Redacción Barbanza