A Gala ‘Meisinos do ano’ recoñecerá na súa primeira edición a sete veciños ou colectivos

MEIS> O Nadal trae a Meis a primeira edición da Gala “Meisinos do ano”. O Concello quere distinguir a sete veciños ou colectivos que destacaron pola súa contribución social no 2019. As Festas na localidade complétanse co tradicional mercado do galo e o regreso da cabalgata de Reis.

Recoñecer a aqueles veciños ou colectivos que destacaron durante o ano pola súa contribución social ou traxectoria vital. Ese é o obxectivo que persegue a Gala Meisinos do Ano, que nace este Nadal con vocación de continuidade. Nesta primeira edición, que se vai celebra-lo 4 de xaneiro, entregaranse sete distincións.

Pero  sen dúbida o gran protagonista do Nadal en Meis é o galo de curral. A oitava edición da súa feira chega este ano rodeada de actividades paralelas, con actuacións músicais e mesmo un mercado de artesanía.

En total, 12 criadoras venderán o seu produto este vindeiro domingo no Campo da Feira do Mosteiro. Venderase a 10 euros o quilo.

Outro dos grandes reclamos do Nadal en Meis será este ano a Cabalgata de Reis. As Súas Maxestades volverán percorre-lo núcleo da vila, marcando a diferencia.

A véspera de Reis culminará coa actuación de Magín Blanco no Auditorio Municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí