Falece o delegado do Cambados nun accidente de tráfico

    fotofalecidocopia.jpg VILANOVA> Ramón Fontán circulaba polo vial coa súa motocicleta en dirección a Vilagarcía, cando foi arrollado por un turismo marca Hiunday.

    {flowplayer}images/salnes/AccidenteDelegadoCambados.flv{/flowplayer}

    O delegado do club de fútbol Xuventude de Cambados faleceu onte nun accidente de tráfico que se produciu pouco despois das 8 da tarde na Vía Rápida.

    Ramón Fontán circulaba polo vial coa súa motocicleta en dirección a Vilagarcía, cando foi arrollado por un turismo marca Hiunday.

    Debido ó forte impacto ambos vehículos resultaron seriamente danados e o corpo do falecido, que morreu no acto, foi desprazado varios metros. O condutor do turismo deu positivo no control de alcoholemia e o vehículo circulaba sen seguro.

    Tanto o condutor do turismo coma a súa acompañante eran de Vilanova de Arousa, e ambos resultaron ilesos.

    A rotura do sistema hidráulico de frenada do automóbil fixo que se vertera líquido por toda a calzada polo que este tramo da Vía Rápida entre Vilagarcía e Vilanova tivo que ser cortado durante máis de dúas horas para evitar que se produciran outros accidentes. Protección Civil de Vilanova precisou 1700 litros de auga para limpar o líquido de frenos da vía, e poder reabrila ó tráfico.

    Redacción Salnés