A renovación da cuberta do IES de Vilalonga, no verán

SANXENXO> A Xunta vai investir 400.000 euros na renovación das cubertas do IES de Vilalonga, en Sanxenxo. Vaise actuar sobre os dous edificios que compoñen o centro e tamén sobre o pavillón. Trátase dunha vella demanda da comunidade educativa que, segundo os cálculos do goberno galego, vaise executar ao longo deste vindeiro verán para non interferir coa actividade do centro.

A Xunta saca a licitación o proxecto de renovación das cubertas do IES de Vilalonga, no concello de Sanxenxo. O proxecto contempla a substitución dos tellados dos dous edificios que compoñen o centro e tamén o do pavillón.

O inicio deste proceso neste momento tradúcese, segundo os cálculos do goberno galego, tradúcese en que a obra se vai executar no verán.

A actuación era unha vella demanda da comunidade educativa, pero tamén do Concello. O alcalde aproveitou a ocasión para demanda-la implatación no centro de formación en materia naútica. Unha opción que a Xunta vai estudar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí