![]()
GROVE> O Presidente da Mancomunidade, Jorge Domínguez, presidiu este acto que se celebrou no antigo Sanatorio da Lanzada.
{flowplayer}images/salnes/CLAUSURA_OBRADOIRO_LANZADA.flv{/flowplayer}
Despois dun ano, esta semana os trinta e oito alumnos dos tres módulos cos que conta o Obradoiro de Emprego de Hostalería do Salnés dan por finalizado o seu período formativo. Unha etapa fundamental na procura dun posto de traballo nos tempos actuais que hoxe chegou ó seu fin.
Mostra delo é que case o 80% dos alumnos deste obradoiro xa teñen un posto de traballo, cifra que superou os datos do ano pasado.
Dado o inicio das obras no antigo Sanatorio da Lanzada para a construción dunha Pousada, este é o último obradoiro que se desenvolverá nestas instalacións polo momento. Segundo o Presidente da Mancomunidade do Salnés estes cursos son unha das mellores inversións que se fixeron na comarca.
O acto rematou cun desfile de roupa para nenos deseñada polos alumnos do obradoiro para a súa doazón a Cáritas e cunha actuación musical a cargo de varios alumnos do obradoiro.
Redacción Salnés







