Fole acorda prioridades de inversión cos veciños de Solobeira

    VILAGARCIA> O Alcalde de Vilagarcía Tomás Fole reuniuse esta tarde no Centro Cultural do Sixto ca Asociación de Veciños da Parroquia de Solobeira

    {flowplayer}images/salnes/reunion_fole_solobeira_.flv{/flowplayer}

    … e o colectivo local de Mulleres Rurais. O obxectivo desta xuntanza era dobre: por un lado explicar ós veciños os reaxustes económicos que vai a realizar o executivo local para equilibrar as contas do Concello, e que suporán un recorte nas achegas e subvencións a este tipo de organizacións da veciñanza.

    Deste xeito, en eventos como poden ser os festexos de verán o executivo local compensará a reducción do seu orzamento con colaboración loxística, ben sexa con medios persoas ou materiais.

    Por outro lado, Fole aproveitou para escoitar de primeira man a orde de prioridades que estipulan estes veciños para a súa contorna próxima; e que vai a ser determinante á hora de acometer as actuacións sufragadas a cargo das arcas municipais.

    Redacción Salnés