Concienciar no respecto ó medio ambiente dende a escola

    diaparquesnaturais_100.jpgRIBEIRA> Estudiantes ferroláns visitaron a duna de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán no Día Europeo dos Parques Naturais.

    Dende hai máis dunha década celébrase en Europa o Día dos Parques. En Galicia, a rede destes espazos naturais está composta por seis parques, un deles na Barbanza. Trátase do complexo Dunar de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán que esta mañá visitaron os alumnos de segundo da ESO do IES Saturnino Montojo de Ferrol.

    {flowplayer}barbanza/diaparquesnaturais.flv{/flowplayer}

    A Consellería de Medio rural organiza anualmente actividades con motivo desta efeméride para dar a coñecer ás áreas protexidas a cidadanía. Ó longo da mañá os escolares coñeceron o parque, primeiro, a través dunha charla e a visita a unha exposición no centro de recepción de visitantes de O Vilar e posteriormente cunha ruta guiada ás dunas.

    O rapaces marcharon coñecendo varias anécdotas desta área protexida como, por exemplo, que ten a duna móbil máis grande do noroeste peninsular con máis dun quilómetro de longo e que a continúa acción do vento permite que se desprace unha media de dous centímetros ó ano cara ó interior.

    Redacción Barbanza