O executivo sonense aproba axudas directas a PEMES e autónomos por un importe duns 250 mil euros

PORTO DO SON> Os fondos proceden do remanente de tesourería e nos próximos días poderán xa tramitarse.

Trátase dunha medida excepcional que pretende facer fronte á crise xerada polo Covid-19. Conscientes das necesidades do comercio e o empresariado local, o executivo decidiu poñerse mans a obra e xestionar un tipo de achegas directas que axuden a paliar a falla de liquidez destes negocios. A proposta podería chegar a beneficiar a unhas 732 empresas e autónomos do municipio.

As bases destas axudas xa foron aprobadas no pleno e serán publicadas nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia, polo que en breve poderán comezar a tramitarse.

Outra das medidas aprobadas polo goberno sonense garda relación coa suspensión da ordenanza de terrazas para os establecementos de hostalería.

Pero estas medidas non serán as únicas, o executivo entende que a mellor maneira para saír desta crise é xerando emprego, de aí que dende o Concello se promovan novas licitacións de obra pública por un importe próximo ó millón e medio de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí