POBRA> Os nacionalistas insisten en denunciar que se adoptaron os acordos aproveitando a ausencia forzosa dos nacionalistas trala renuncia dos concelleiros ás súas actas.
O pasado un de outubro, no pleno aprobábase a designación de dedicacións do grupo de goberno así como de persoal eventual. A proposta do executivo saía adiante sen os votos do BNG, posto que os dous concelleiros electos presentaron a súa renuncia no mes de setembro. Este feito, para os nacionalistas pouco democrático xa que o grupo de goberno aproveitouse dunha maioría temporal que non se corresponde coa vontade popular, levounos a pedir publicamente a revogación do pleno, na que agora volven a insistir trala negativa do equipo de goberno a facelo. Pero esta vez a través dunha iniciativa que levarán ó vindeira sesión plenaria.
Insisten en que para eles unha a revogación dos acordos plenarios tomados é unha condición ‘sine qua non’ para retomar futuras negociacións.
En caso de non aceptar a súa solicitude, os nacionalistas non descartan levar o caso ós xulgados.