Bernardo Paz patroneará o Vilagarcía no Mundial de Platú 25

VILAGARCÍA> O ‘Vilagarcía’ parte mañá cara terras austríacas onde vai participar no Campionato do Mundo de Platú 25. Á cita acude cunha tripulación remodelada. Ante a ausencia de Carlos e Antón Paz, o seu curmán Bernardo exercerá de patrón.

{flowplayer}images/salnes/Vela_250511.flv{/flowplayer} 

Sen Carlos nin Antón, que estarán no Europeo de 49er, pero con toda a ilusión do mundo. Así parte o Vilagarcía mañá ás 08:00 horas rumbo ó lago Traunsee, en Austria onde se disputa o mundial de Platú 25. Case 2.700 quilómetros ata Centroeuropa que pretenden percorrer en día e medio para pasar o sábado o control de mediacións.

O luns será o primeiro de cinco días de regatas, a tres mangas por xornada. Alí comezarase a ver a valía deste grupo de xóvenes regatistas: Gerardo Prego, será o proa, Joaquín Cores ó piano, Santiago González como trimmer, Juan Debén será o táctico, e todos eles estarán baixo as ordes do patrón Bernardo Paz, que é optimista sobre as posibilidades do Vilagarcía. 

Xunto a eles competirán medio cento de embarcacións en busca do cetro mundial. Coñecen á maioiría dos rivais e saben que non será sinxelo acadar unha boa clasificación. Ademais, por tratarse dun lago terán que adaptarse ós ventos frouxos e á auga doce, onde a flotabilidade do barco é menor.

Os compoñentes do Vilagarcía quixeron agradecer o apoio dos numerosos patocinadores que fixeron posible a súa presencia neste Mundial: ás institucións Porto de Vilagarcía, Deputación e Concello, así como Cafetería Martis, Centro Médico Jacinto López e Mar Kiel.

Redacción Salnés