VILAGARCÍA> Continúa a celebración da Basket Camp Toa Paterna que onte vivíu unha das xornadas máis agardadas coa disputa do Partido das Estrelas. Os presentes puideron ver en acción a Garbajosa, Jiménez ou Berni entre outros, xogando xunto a políticos, xornalistas e diversas personalidades.
{flowplayer}images/salnes/basket_050711.flv{/flowplayer}
Como nas grandes ocasións, onte no Rúa Castelao non faltou de nada. Música, bo ambiente, excelente público e estrelas do baloncesto…unhas máis que outras.
Entre os convidados para disputar este partido de exhibición políticos como o alcalde de Vilagarcía Tomás Fole, o edil de deportes Luis Garrigós ou o ex vicepresidente da Deputación José Juan Durán, humoristas como Roberto Vilar ou Carlos Blanco, o xornalista Terio Carrera ou o futbolista do Celta de Vigo, Dani Abalo.
Os verdadeiros protagonistas do choque eran sen embargo os profesionais, que actuaron todos nun mesmo conxunto, o azul. Os campións do mundo Berni Rodríguez, Carlos Jiménez e Jorge Garbajosa, xunto ó pivot do Estudiantes Germán Gabriel e o escolta do Power Electronics Valencia David Navarro formaron un quintento de luxo para calquera equipo ACB.
Non quixeron facer moito sangue e adicáronse a divertirse e divertir ó público que puido ver un emocionante final de partido, con victoria do bando azul sobre o branco por 60-57.
Hoxe o Campus segue o seu curso habitual se ben a mala climatoloxía obrigou a cambiar de ubicación a disputa do 3×3 nocturno, que non se fará no Cavadelo senón no Rúa Castelao.
Redacción Salnés