Rianxo acollerá este sábado a I Regata de Piragüismo Banco Sabadell Gallego

RIANXO> A proba está organizada polo Club Piragüismo Rianxo en colaboración co propio concello e conta co patrocionio, entre outras entidades, do Banco Sabadell Gallego. Baixo a organización do Club Piragüismo Rianxo este vindeiro sábado, 24 de outubro, celebrarase a primeira regata de Piragüismo Banco Sabadell. A proba está aberta a tódalas categorías. Pola mañá disputaranse as regatas para as categorías base e pola tarde haberá competicións de kayak de mar. Dende o club organizador destacouse a importancia desta proba, non só polo seu carácter deportivo senón tamén porque se trata dunha actividade que de seguro deixará importantes beneficios no pobo. Dende o concello, entidade colaboradora, destacaron tamén a importancia desta regata, e o labor que desenvolve o propio Club Piragüismo Rianxo de cara o fomento e a promoción do deporte local. Para o desenvolvemento desta regata o Club Piragüismo Rianxo conta coa colaboración de diversas empresas colaboradoras, entre elas o Banco Sabadell Gallego que lle dá nome á proba.