Luis Casais dirixirá o Portonovo a vindeira temporada

SANXENXO> O Portonovo presentou esta tarde ó que será o seu adestrador a vindeira temporada. Trátase de Luis Casais, ex técnico de Boiro, Noia e Pontevedra B entre outros. Chega a Baltar coa misión de reflotar a nave arlequinada.

{flowplayer}images/salnes/Portonovo_250511.flv{/flowplayer} 

Luis Casais e o seu axudante Iago Iglesias serán os encargados de dirixir ó primero equipo do Portonovo a vindeira temporada. O ex técnico do Noia agradeceu á directiva a confianza que deposita nel e marcouse como obxectivo devolver ó equipo á Terceira a medio prazo. 

Sen esquencerse das bases do novo proxecto que pasan pola austeridade económica e o desenvolvemento da canteira, Luis Casais asegurou que a intención é facer un equipo que loite no alto da táboa.

O técnico saínte, Jacobo Molina dirixirá o seu derradeiro partido o domingo. O director deportivo, Manuel Cerón eximíu de culpas ó pontevedrés polo descenso deste ano.

Na presentación desta tarde estiveron tamén presentes o presidente da entidade, José Luis Domínguez ,e o director da base, Eduardo Muñiz, que amosáronse ilusionados coa contratación de Casais.

O primeiro paso a dar antes das contratacións será falar cos membros do actual plantel para tratar a continuidade ou saída dos xogadores.

Redacción Salnés