RIANXO> O concello revogou o convenio que mantiña coa Cruz Vermella de Boiro para dota dun servizo de ambulancia ó municipio.
Varios veciños de Rianxo amosaron o seu malestar pola decisión do executivo que decidiu non renovar o convenio anual subscrito coa Cruz Vermella de Boiro que permitía a posta en servizo para este municipio en exclusividade dun operativo de emerxencias formado por unha ambulancia totalmente equipada e o persoal necesario para atendela. As dificultades económicas polas que atravesa a propia Asemblea Local, pola falla de fondos imposibilitan poder continuar por si soa prestando este servizo.
{flowplayer}barbanza/ambulanciacruzvermellarianxo.flv{/flowplayer}
Dende Cruz Vermella mándase tamén unha mensaxe de tranquilidade ós veciños sinalando que as emerxencias estarán ben atendidas mediante o 061. Aínda así durante as fins de semanas e para situacións puntuais, o servizo estará atendido por voluntarios non só para o municipio rianxeiro senón para toda a comarca.
Redacción Barbanza