Presentan a VIII Bandeira de Bateis Concello de Boiro

BOIRO> Baixo a organización do Club de Remo Cabo de Cruz, e en colaboración co Concello e a Federación Galega de Remo, disputarase este vindeiro sábado a oitava edición da Regata de Bateis Concello de Boiro.

A proba arrancará as dez e media da mañá coa disputa das regatas das categorías base.

Unha das principais novidades da proba será o cambio de ubicación. O campo de regatas trasládase do peirao de Cabo de Cruz, lugar habitual, ó Bodión, debido ás previsións metereolóxicas adversas para ese día.

Dende o Concello, que colabora na organización, agardan a que a proba poida celebrarse con normalidade a pesar das previsións de mal tempo.

Ademais das bandeiras para os equipos que acaden maior puntuación nas modalidades masculina e feminina haberá medallas para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

A previsión é que asistan máis dunha ducia de clubs, coa participación de preto de cen equipos.