Os xeiteiros desenvolverán diversas mobilizacións en toda a Ría

    Xeiteiros de toda a ría de Arousa mantiveron un encontro esta pasada fin de semana en Rianxo para analizar a súa situación, ante a proposta da Unión Europea de prohibir a pesca da sardiña para o ano que vén. Na reunión acordouse iniciar un calendario de mobilizacións en toda a Ría na defensa desta arte de pesca artesanal.

    O sector do xeito volveu elixir Rianxo, un dos concellos con maior numero de mariñeiros afectados polo actual peche da peixería da sardiña que propón a Unión Europea, para celebrar unha asamblea, na que se abordou a situación que están a atravesar e que fai perigar o futuro dunhas 420 embarcacións en toda a ría de Arousa que se dedican a esta arte de pesca tradicional. Na reunión acordouse establecer un calendario de mobilizacións que se levarán a cabo en varias localidades, non só da parte norte da Ría senón tamén no Sur, ó ser un problema que afacta a tódalas confrarías por igual. A imposibilidade de pescar sardiña está a prexudicar en gran medida ós xeiteiros, que levan 15 días sen poder traballar, ou o que é o mesmo, sen obter ningún tipo de ingresos. Na asamblea púxose de manifesto de que a decisión de Bruselas de prohibir totalmente este tipo de arte a partir do 1 de xaneiro, ó incluílas dentro do uso de redes de deriva, vai a supor a súa desaparición, non só do xeito senón de toda a flota artesanal. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/movilizacionsxeito0610141..jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/movilizacionsxeito061014.mp4{/flowplayer}