O Extrugasa busca rompe-la fortaleza do líder Badajoz

extrugasa250_221009.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa afronta este sábado un partido importante ante o Badajoz. As de Tito Díaz chegan con moita moral ó encontro ante o líder despois de ter sumado dúas victorias consecutivas. A pívot Saray Ruiz, cunha tendinite, é dúbida.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_221009.flv{/flowplayer} 

Segundo gran partido do ano para o Extrugasa. O primeiro, ante o Pío XII, solventouno con victoria. Agora terán diante ó líder Badajoz, invicto na liga e mellor defensa da competición.

O rival das vilagarciáns goza de boa saúde deportiva pero non económica. O club vivíu un verán máis que convulso, especulouse coa súa posible renuncia á LF2 e incluso, dende algúns medios de comunicación extremeños, falouse durante esta semana da posibilidade de que non se presentaran o encontro de Fontecarmoa.

Descartada esa opción, as vilagarciáns terán que centrarse no estrictamente deportivo. Todas están ó cen por cen agás Saray Ruiz, que arrastra unhas molestias nun ombreiro. Trátase dunha tendinite polo que o seu concurso é moi probable, aínda que terá que xogar con dor.

Tralas dúas victorias consecutivas, o técnico Tito Díaz recoñece que o equipo medrou, e que agora se converteu nun rival moito máis difícil de dobregar.

A clave do encontro para o adestrador lucense estará no xogo interior, algo que xa lle deu a victoria en Ourense, tras dominar con consistencia na pintura. As extremeñas contan con xogadoras de calidade neses postos e se cadra por iso a batalla baixo os aros será máis importante.

Despois do adestramento desta tarde quedaralles o de mañá para pulir os últimos detalles antes do encontrodo sábado, que dará comez ás 19:30.

Redacción Salnés