Guimatur leva o mar de Cambados á escola

    obradoiro_marisqueo100.jpgCAMBADOS> Uns cincocentos escolares do Salnés están a participar na primeira edición do proxecto Educamar: O mar de Cambados na Escola.

    {flowplayer}images/salnes/obradoiro_marisqueo_pe.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Uns cincocentos escolares do Salnés están a participar na primeira edición do proxecto Educamar: O mar de Cambados na Escola.

    A iniciativa parte de Guimatur, a asociación de mulleres do mar de Cambados, que conta cunha subvención da consellería do Mar. E pretenden explicar ós alumnos do primeiro ciclo de primaria o traballo, forma de vida e tradicións das persoas dedicadas á pesca e ó marisqueo.

    Hoxe estiveron no colexio de Castrelo realizando un obradoiro sobre as redeiras e o marisqueo a pé. E para a semana iniciaranse as visitas guiadas á praia, ó porto e á lonxa de Cambados.

    Nesta primeira edición participaron unha decena de centros escolares do Salnés. A experiencia está a ser tan positiva que Guimatur xa pensa en darlle continuidade.

    Redacción Salnés