Tamera Young e Alexis Meredith, novas fichaxes do Extrugasa

extrugasa250_270508.jpgVILAGARCÍA > O Extrugasa ven de chegar a un acordo para a contratación de dúas novas xogadoras para a vindeira temporada, as estadounidenses Tamara Young e Alexis Meredith.

O Extrugasa ven de chegar a un acordo para a contratación de dúas novas xogadoras para a vindeira temporada, as estadounidenses Tamara Young e Alexis Meredith.

Young é unha aleiro de 188 centímetros de altura, de 21 anos de idade e que procede da WNBA, onde militou nos Atlanta Dream.

Alexis Meredith virá a reforza-lo xogo interior. É unha pívot de 195cms., de 23 anos de idade e que a pasada temporada militou no conxunto francés do USO Mondeville, co que participou na Euroliga.

 Vaise por tanto conformando o plantel do Extrugasa de cara a vindeira temporada, despois de que nas pasadas semanas renovasen o seu compromiso co conxunto vilagarcián Sara Gómez, María Asumerndi, Katia Da Silva e Miriam Herrera.

Redacción Salnés