Os días 3 e 4 de xuño Barrantes celebrará a XXXIX da Festa do Tinto

    tinto copia.jpgRIBADUMIA> Para esta nova cita, a organización prepara un variado programa con actuacións e degustacións do tinto de Barrantes.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_FESTA_TINTO_BARRANTES.flv{/flowplayer}

    A inauguración da carpa o vindeiro venres 3 de xuño será o sinal do inicio da festa. A instalación acollerá un total de 13 stands: 12 de diferentes colleiteiros de viño tinto e unha na que o público poderá degustar conservas de seis marcas diferentes.

    A mesma noite do venres, celebrarase a terceira gala desta festa, que contará coas actuacións de París de Noia, Tamara, Melocos e K-Narias. Ademais das actuacións do sábado, outro prato forte será a orquestra Panorama, que pechará a edición desta festa o domingo pola noite.

    O sábado tamén se celebrará a segunda cerimonia de investidura dos valedores. Ó redor de 8 colleiteiros recibirán este recoñecemento, que tamén se outorgará ós cómicos Mucha e Nucha e a Belinda Washington pola súa labor na promoción do tinto. Ademais o programa acolle algunha novidade.

    Outras actividades que completan a axenda desta festa son a degustación gratuíta de pan, chourizos e viño tinto, produto que estará dispoñible nos stands moito máis barato que o ano pasado, reducíndose os prezos dende os 4 e 5 euros do ano ós 2,50 ou tres desta edición.

    Redacción Salnés