Un pub de Cambados organiza unha recollida de alimentos solidaria

CAMBADOS> A pesar de que permanecen pechados, tamén hai pubs que promoven iniciativas para colaborar nestes momentos de crise sanitaria. Dende o pub Broken de Cambados realizarán o sábado unha recollida de alimentos. Será un troco solidario no que entregarán unha recompensa por cada quilogramo de comida.

Dende o pub Broken de Cambados levaban tempo preparando un evento solidario. A data escollida coincidiu co inicio do estado de alarma, o que obrigou á cancelala. Pero iso non evitou que dende o local buscasen outras maneiras de colaborar. Continuando con este propósito, este sábado organizarán unha recollida de alimentos. Será un troco solidario no que Intercambiarán un red bull e un tíket para un chopo por cada quilogramo de comida non perecedoira.

O obxectivo de Adrián e Doomore (dumore), o seu compañeiro na organización desta recollida solidaria, é axudar nuns momentos moi complicados.

Os alimentos serán entregados Cáritas Interparroquial Arousa. Dende a ONG solicitan alimentos non perecedoiros.

A iniciativa chama máis a atención, tendo en conta que ven dun dos sectores que máis van a sufrir a parálise provocada polo coronavirus.

A reapertura dos pubs non terá lugar ata a fase 3 da desescalada. Dende o Broken aseguran que cando abran o farán ampliando incluso as medidas do ministerio de sanidade. Agora agardan que moita xente colabore con eles e poder obter moitos alimentos o sábado na rúa Pontevedra de Cambados entre as 21 e as 23 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí