Velo pecha un ciclo coa súa saída da corporación boirense

    renunciavelo100.jpgBOIRO> Manuel Velo abandona a política activa tras máis de trinta anos formando parte da corporación local de Boiro.

    {flowplayer}barbanza/renunciavelo.flv{/flowplayer}

    A longa traxectoria de Manuel Velo convérteo nun histórico da vida municipal de Boiro. Trinta e dous anos de traballo, nove dos cales foi alcalde polo Partido Socialista, avalan a súa dedicación e compromiso co concello de Boiro.

    Durante as últimas lexislaturas, Velo formou parte da corporación e mesmo integrou un goberno tripartito, representando ó partido independente que fundou el mesmo, Iniciativa Cidadá de Boiro.

    Menos representación

    De cara a estes comicios, Velo agardaba incrementar a súa representación a tres concelleiros; expectativas que non se viron cumpridas xa que o descenso de votos deixouno con tan só un edil, situación que motivou a súa renuncia.

    Trala dimisión de Velo e do seu número dous, José Antonio García Castro, será Begoña Díaz quen represente a ICBoiro na corporación. A súa intención é continuar coa labor iniciada por Manuel Velo, que aínda que abandona a primeira liña política, seguirá á fronte da formación independente, colaborando coa nova concelleira en todo o que precise.

    Redacción Barbanza